WILY FORZA INGOBERNABLE INAUGURACIÓN VENRES 22 DE MARZO

CARTAZ

Este venres 22 de marzo ás 18:00 h. o FAC Peregrina abre a súa terceira temporada coa montaxe expositiva na modalidade de FAC Convidadxs: WILY FORZA INGOBERNABLE comisariada por Ángel Calvo Ulloa, coordinada pola Equipa FAC e producida pola Asociación de amigos da obra de Wily. Un proxecto de especial pertinencia e importancia polo apoio e visibilidade que supón para a tarefa de investigación e recuperación material da obra do artista Antonio Taboada, Wily; unha responsabilidade para coa Historia da Arte Contemporánea galega á que o FAC Peregrina non quería faltar.A montaxe expositiva compleméntase cunha publicación, unha sesión de imaxes, poesía e música de Wily con Benxamin Otero e Celso Fernández Sanmartín o venres 29 de marzo e o encontro “Forza ingobernable” con Alberto González Alegre e Miguel Anzo Rodríguez o venres 5 de abril, ámbalas dúas actividades a partir das 18:00 no FAC Peregrina.WILY | FORZA INGOBERNABLEÁngel Calvo UlloaWily, ou Antonio Taboada Feradás, (Lalín, 1962-2006) pertenceu con tódalas súas consecuencias a ese período de entreguerras que a arte galega viviu entre as décadas dos oitenta e os noventa do pasado século. De formación autodidacta, cun carácter que o achegaba ás figuras protagonistas do denominador común de Atlántica, os seus ollos miraron de xeito uniforme cara Europa e Norteamérica, mesturando unha información que chegaba a contagotas. Herdeiro desa forza ingobernable do salvaxismo alemán, a planitude do seu cromatismo e a temática terá máis que ver cos primeiros traballos de figuras coma Claes Oldenburg -xigante do pop norteamericano que asinou uns comezos a medio camiño entre o xestual e o perfeccionamento industrial das formas que desencadeou co paso de tempo-, malia que o resultado formal do traballo de Wily sempre nos recorde nun primeiro momento ao xesto impulsivo de Georg Baselitz ou, cara a América novamente, aos grafismos torpes e espontáneos que Jean-Michel Basquiat ou James Brown desenrolarán xa nos oitenta.

via WILY FORZA INGOBERNABLE INAUGURACIÓN VENRES 22 DE MARZO A PARTIR DAS 18:00 H..

via WILY FORZA INGOBERNABLE INAUGURACIÓN VENRES 22 DE MARZO A PARTIR DAS 18:00 H..

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s