CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA

CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA.

NOTA BIOBIBLIOGRÁFICA DA CORPORACIÓN SEMIÓTICA GALEGA


A actividade fundamental da corporación consiste na creación e difusión de poesía visual a través da rede aberta da arte correo. Asi mesmo, parte desta creación artística é seleccionada e compilada en blocs que se autoeditan artesanalmente en tiradas de 100 exemplares numerados que se volven a distribuir de novo pola rede libertaria da arte postal.

DOUS CONTOS POPULARES PARA O LECER DA LÍNGUA 1997

Dous magníficos contos populares recollidos por Richard Rivera e editados en multicopia en número de 100 exemplares. Con apoio visual, utilizáronse en encontros performáticos, particularmente en filo-cafés organizados pola Incomunidade.

CESURES-CHI NA, 7 poemas ácratas, incluso 1997

A primeira autoedición da Corporación Semiótica Galega. Nela partíuse de imaxes recollidas ao azar dun libro de imaxes de China ás que se incorporaron uns textos poéticos realizados baixo a inspiración das imaxes. Un exercizo de total liberdade, un salto ás antípodas e aos recordos dunha persoa rodeada de dolor, enfermidade e morte. Autoedición de 100 exemplares en multicopia remitidos por vía postal.

Con posterioridad fíxemos unha edición en diapositivas das imaxes para utilizar como apoio visual de recitais e finalmente unha musicación a cargo de Pedro Lamas e Ramón Cruces para a súa adaptación performática.

POEMAS DE AMOR AUSENTE 1998

A dolor, outra vez, polas desaparicións, tamén do horizonte propio. A pesar de que se reuniron poemas bastante separados no tempo, sigo considerando que foi un libro precipitado. Se decantara a poesía desaparecería. Un débito, pouco máis. A autoedición en mulicopia foi de 100 exemplares numerados e cuñados a man, cosidos a máquina e portada a dúas cores.

SPOT 1999

Outro bloc de publipoesía competitiva no que se utiliza como materia prima imaxes e lemas da publicidade. Esta autopublicación vai adicada a dous grandes poetas visuais españois que nos chegaron a conmocionar: Joan Brossa e Josep Renau. Unha das publicacións máis queridas da corporación.

O material serviu tamén como base para exposicións e performances, individuais e colectivas.

DEFUNCIONARIO 2000

O primeiro bloc de poemas visuais autoeditado en formato de talonario de albaráns e en número de 100 exemplares numerados e cuñados a man.

A este bloc seguíulle MIRADA, unha continuación da liña de investigación poético-visual que non chegou a editarse en formato bloc anque os seus poemas foron enviados á rede internacional de arte correo. Tamén se realizou unha edición dixital animada de MIRADA para participar en Festivais de Poesía Experimental (Interolerti, no País Basco, Medellín, en Colombia e Vórtice, en Argentina).

EXLIBRIS 2002

Foi o singular poeta pontevedrés Pedro Gonzalves quen me iniciou na arte correo e na poesía experimental, neste lúdico xogo de intercambio creativo que pretendín sintetizar en EXLIBRIS, partindo de fragmentos, párrafos, estrofas, versos, imaxes… que me chegaran a través de anos de amizade-correspondencia e que pretendín devolver (nalgún caso como signo de despedida) a todos aqueles que construiron a casa habitada do meu corazón. Tecendo a man esta literatura vital cheguei a confeccionar vinte exemplares que remitín por correo certificado. A intención era crear unha rede de comunicación pero, desgrazadamente, unha vez máis o ruído non deixou oir. Unha pequena pero linda decepción.

POESÍA EXPERIMENTAL 2005

Última autoedición de poesía visual que inclúe tres blocs de liñas de experimentación:

ZOOFILIA, un conxunto de traballos que teñen como fio conductor a construcción de figuras gestálticas que utilizan como materia caracteres na súa dimensión gráfica. En Zoofilia preténdese sintetizar as figuras elaboradas previamente en Caligrafos e Baile de números, proxectos que non chegaron a ver a luz máis que na rede de arte correo dun xeito fragmentario.

PSINAIS, conxunto de poemas visuais autorreferenciais: letra, palabra, texto.

MONOlogo: poemas visuais de marcado carácter icónico.

COMA OS BARCOS CANDO ATRACAN 2005

Neste pequeno caderno que acompaña ao bloc Poesía Experimental, inclúese un conxunto de poemas breves, unhas composicións chamadas qwertys (que fan referencia ao sistema actual de escritura mecanografada ) e algún poema visual con base textual.

COSEGA ten participado en numerosas exposicións de arte en xeral e de poesía visual en particular, dentro e fóra de España e colaborado directamente na organización de proxectos internacionais de arte correo (A Usura, Marea Negra, Alfabetos, A lectura); tamén na organización do Descentralised Word Wide Networkers Mail Art Artists Congres celebrado na Galería Arcana de Vilagarcía, 2003 e en Habay la Neuve, Bélxica 2004.

Para a corporación é fundamental o carácter lúdico e didáctico da creación poética e, por tanto, a utilización e divulgación dos novos códigos de comunicación contidos na poesía visual; tamén o seu compromiso ético-político, máis aló das capelas literarias, das autorías maiúsculas, dos currícula, dos dereitos de autor e de todo aquilo que rodea á creación e que ás veces a suplanta. Modestamente, ou non.

YOVIENDO 2007

Caderniño de poemas visuais autoeditados en compañía de Ramón Cruces Colado e Pedro Lamas Carral. A edición en multicopia e electrografía foi de 100 exemplares. Formato A6 grampado con cuberta de cartolina e sobrecuberta de papel vexetal intervido. Os tres cadernos foron finalmente introducidos nun sobre estampado baixo o título LOOKOOB para seren enviados via postal.

CONTRA DICIÓNS 2009

Bloc de 49 poemas visuais autoeditados en impresión dixital en número de 200 exemplares. Medidas: 145X147mm. Perforado. Interior en b/n e capa en cor. Presentado no encontro de poesía experimental OVUM10TDS, celebrado en Tarragona no mes de setembro de 2009 en homenaxe a Clemente Padín. Preséntase cunha cita de Alfonso López Gradolí e adicatoria ao gruo de acción poética AD HOC.

INTERINTENCIÓNS 2010

Conxunto de 26 imaxes da historia da arte intervidas manual e dixitalmente. Edición dixital en http://cosega.org

SIMETRÍAS TIPOGRÁFICAS 2012

Blog de simetrías tipográficas con introdución. Edición electrográfica en formato A6 horizontal con lombo grampado, portada en cor e interior en impresión dixital b/n.

DECIR HUELGA DECIR 2012

Pliegos de la Visión. Monográfico editado por AC Babilonia, Valencia (Francisco Pérez Belda, coord.).

ARTE POSTAL – ARTE CORDIAL


 


|sen papeis-sans papiers-without papers|

homenaxe a Pig Dada e ao pobo sahariano

rois 25/11/2006 e 8/3/2007


|proxecto RETRATO FRACTAL|Ryosuke Cohen e Kazunori Murakami en Rois

Casas Novas, 8/06


|alfabetos proxecto de arte correoProxecto educativo no instituto Aquis Celenis

caldas de reis 5/04


|descentralised world wide networkers mail artists congress |Congreso descentralizado de artistas correo PIG DADA-CO.SE.GA en Pontecesures e en Habay la Neuve

casas novas-rois-gz 8/03 – habay la neuve-bélxica 4


|marea negra|Proxecto educativo no instituo Aquis Celenis

caldas de reis 5/03 – pontevedra


|a usura|Convocatoria de arte correo en Pontecesures

pontecesures 4/01 – pontevedra

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s