Un poema adicado ao CSOA Escárnio e Maldizer

Origen: Un poema adicado ao CSOA Escárnio e Maldizer

 

Nin xente sen casa nin casas sen xente.

É moi tarde pero non podo durmir porque estou triste. Estou triste porque fecharon un centro social okupado onde facíamos actividades tan extremistas como talleres de boxeo ou charlas sobre música. Estou triste porque os xornais din que as okupas eran violentas e a xente das manis di que a policía bateu contra nenos, porque hai un vídeo que no que agarran contra o chan a unha persoa inconsciente, porque hai un detido. Porque nas noticias non grabaron da porta para dentro para que non vírades as cores das paredes e o limpo que estaba todo, e as cortinas que facían de portas porque non había diñeiro pero si ilusión. Onte tampouco durmín polo mesmo motivo, e escribín un poema.

Para que non entremos
tapian portas e fiestras,
sen ver que se non entramos
tampouco entra a luz.

Non queren vivir esa casa,
non se vive nas casas tapiadas,
só queren que non entremos,
sen ver que tampouco entra a luz.

Sen ver que unha casa sen luz,
como unha casa sen xente,
é unha casa sen vida.

Sen ver que unha persoa sen casa,
como unha persoa sen vida,
é unha persoa sen luz.

Enchen as rúas de xente,
xente desafiuzada, xente sen teito,
xente con ideas no maxín,
ideas no maxin para unha casa,
ideas no maxin para a xente.

Enchen as rúas de ideas infecundas,
e de fiestras tapiadas
que agochan un útero.

Pero co tempo fanse fendas
e polas fendas entra a luz;
e non saben que se entra a luz
tamén entra a xente.

 

Aquí veu a lus por primeira volta:

Grazas por espallar 🙂 A orixe auténtica do poema é esta rapaza, que publicouno nas súas redes sociais:

https://twitter.com/colifloraixa/status/870090662720491520

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized y etiquetada , , , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Un poema adicado ao CSOA Escárnio e Maldizer

  1. abordaxe dijo:

    Grazas por espallar 🙂 A orixe auténtica do poema é esta rapaza, que publicouno nas súas redes sociais:

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s